O Cafés Candelas Breogán pensa xa na visita a Málaga

Compartir con

O equipo celeste vista ao Unicaja o domingo pola mañá (12:30 horas)

Difícil saída a que afronta o Cafés candelas Breogán na presente semana. Nada menos que o Unicaja Málaga, un rival chamado a loitar por todo na competición e que marcha cuarto na clasificación con cinco vitorias e dúas derrotas.

O Cafés Candelas Breogán adaptará o traballo semanal a un horario de partido matinal e realizará tódalas súas sesións de traballo polas mañás durante a semana, excepto pola dobre sesión do martes, centrándose tamén en mellorar o estado físicos dalgúns dos xogadores que aínda están lonxe do 100% no seu estado de forma debido aos problemas físicos que afogan ao equipo nesta primeira parte da tempada. 

Está previsto que o equipo viaxe a Málaga o sábado.

 

Domingo 11 - 12:30
UNICAJA-CAFÉS CANDELAS BREOGÁN
Movistar Deportes (Dial 53)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información