O Cafés Candelas Breogán prepara o difícil reto do Palau

Os celestes visitan ao FC Barcelona, actual líder, o domingo 13 ás 20:30 horas

Nunca venceu o Breogán na cancha do Barcelona. En varias ocaisións rozou a xesta pero o que sí acadou no Pazo ante o xigante blaugrana, nunca ocorreu en terras catalás. O domingo 13 ás 20:30 horas iniciarase unha nova oportunidade. Os celestes buscarán na cancha do líder seguir ampliando a mellor racha positiva aberta de trunfos da actual Liga Endesa. Os trunfos consecutivos ante Real Madrid, Andorra, Fuenlabrada e GBC dan ao Cafés Candelas moito osíxeno ante os duros retos que ten por diante: Barcelona no Palau o día 13, e Valencia no Pazo o día 20, para rematar a primeira volta xa desexado regreso.

O equipo volveu ao traballo este martes e ten previsto adestrar dous días en dobre sesión (martes e xoves) e tódalas tardes da semana, incluída a do sábado en Barcelona e outra na mañá de partido tamén na cancha blaugrana.

O Cafés Candelas Breogán prepara o difícil reto do Palau

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información