O Cafés Candelas Breogán, recibido na Deputación Provincial de Lugo

Compartir con

Álvaro Santos, Deputado de Relacións Institucionais felicitou ao equipo polo éxito da Copa Princesa

O equipo ao completo visitou o Pazo de San Marcos para ofrecer ao goberno provincial o éxito acadado, como parte do compromiso de toda a Provincia de Lugo.

Santos lembrou o compromiso que a deputación de Lugo ten co deporte e co Breogán como fío condutor de valores de traballo en equipo e compromiso, portador do nome de Lugo, da cidade e da Provincia, alá onde compite.

O Presidente Jesús Lázare agradeceu o compromiso que a Deputación de Lugo demostra co deporte e prometeu seguir traballando para que a provincia sinta orgullo do seu referente no deporte da canastra.

Lázare entregou un agasallo simbólico: unha imaxe asinada por tódolos xogadores e técnicos, do momento da celebración do título da Copa Princesa, mérito do que, sen dúbida, a institución provincial é parte importante.

Agradecemos a todo o equipo da Deputación Provincial o seu agarimo e recibimento. Agardamos poder voltar moi pronto para ofrecer máis logros deportivos.

O Cafés Candelas Breogán, recibido na Deputación Provincial de Lugo
O Cafés Candelas Breogán, recibido na Deputación Provincial de Lugo
O Cafés Candelas Breogán, recibido na Deputación Provincial de Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información