O Cafés Candelas Breogán recibido no Concello de Lugo

O Cafés Candelas Breogán recibido no Concello de Lugo

O equipo ofreceu a Copa Princesa que gañou para tódolos lucenses

A corporación municipal ao competo recibiu ao Cafés Candelas Breogán. A alcaldesa, Lara Méndez, felicitou ao equipo, agradeceu o esforzo e o traballo que realizan en favor dos valores do deporte en nome de Lugo e os lucenses. Méndez desexou que pronto o equipo volva ao Concello para celebrar máis éxitos.

O Presidente, Jesús Lázare agradeceu o recibimento e agasallou ao Concello cunha foto do momento no que o equipo recibiu a Copa asinada por tódolos protagonistas. A alcaldesa entregou ao club un obsequio conmemorativo.

Agradecemos á alcaldesa e a toda a corporación municipal a acollida e agardamos poder ofrecerlles máis éxitos e, seguro, que moito traballo en favor dos valores do deporte en Lugo.

O Cafés Candelas Breogán recibido no Concello de Lugo
O Cafés Candelas Breogán recibido no Concello de Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información