O Cafés Candelas Breogán supera os 4.000 abonados

Compartir con

Alcanzado o primeiro obxectivo marcado polo Consello de Administración

Avanza a venda de abonos para a nova travesía do Cafés Candelas en Liga Endesa. Trala renovación de máis dun 90% dos socios da pasada campaña, e a chegada de centos de novos aboados, a masa social segue a responder e fará do Pazo, unha tempada mais, un “inferno celeste” que acompañará cada partido que o equipo dispute na considerada segunda mellor liga do mundo.

O obxectivo marcado inicialmente polo Consello buscaba a superación dos 4.000 aboados, unha cifra que xa se sobrepasou en máis dun centenar de abonos, e que abre novos obxectivos que se poden achegar á cifra máxima de abonos de tempada, tendo en conta a necesidade de venda de entradas en taquilla.

Lembramos que aquelas persoas que elixiran o pago fraccionado deben completar o 100% do importe para que se active a tarxeta de abono da pasada campaña - en caso de manter o asento - ou poden pasar por oficinas a recoller as tarxetas para o acceso a unha tempada histórica de regreso a ACB.

O Cafés Candelas Breogán supera os 4.000 abonados

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información