O Cafés Candelas Breogán vence ao Movistar Estudiantes no regreso da Liga Endesa ao Pazo

Compartir con

Os celestes gañaron nun emocionante partido co apoio dun Pazo espectacular (86-79)

O Cafés Candelas Breogán vence ao Movistar Estudiantes no regreso da Liga Endesa ao Pazo

O Cafés Candelas Breogán estreou a súa conta de vitorias no seu primeiro partido como local na liga Endesa ante o Movistar Estudiantes (86-79), que deu demasiadas concesións en defensa e pagou os seus minutos de desconexión en ataque.

Os lucenses, tras empezar a tempada con derrotas ante o Iberostar Tenerife e o Herbalife Gran Canaria, cimentaron o triunfo na defensa e a achega de xogadores como Jordan (17 puntos), o arxentino Lucio Redivo e Cvetkovic, que acabou con 25 de valoración.

86 - Cafés Candelas Breogán (21+23+21+21): Cvetkovic (16), Sergi Vidal (2), Belemene (2), Redivo (15), Jordan (17) -cinco inicial- Sulejmanovic (14), Kinsey (2), Gerun (12), Christian Díaz (3), Löfberg (3).

79 - Movistar Estudiantes (14+27+19+19): Brizuela (18), Cook (4), Perl (-), Jankovic (14) y Caner-Medley (5) -cinco inicial- Suton (9), Clavell (16), Vicedo (-), Arteaga (-), Hakanson (8), Sola (-), Dago Peña (5).

Árbitros: Pérez Pizarro, Sergio Manuel e Arnau Padrós. Sin eliminados.

Incidencias: Partido da cuarta xornada da Liga Endesa disputado no Pazo dos Deportes de Lugo ante 5.147 afeccionados. 

O partido dedicouse a promocionar, dentro do acordo de patrocinio da Deputación de Lugo co CB Breogán, as comarcas de Ancares-Courel, unha zona de montaña na provincia de Lugo que contan cun inigualable atractivo natural. Un xeodetino turístico ideal para os amantes da Natureza.

O Cafés Candelas Breogán vence ao Movistar Estudiantes no regreso da Liga Endesa ao Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información