O Cafés Candelas Breogán vence nun derbi de alta voltaxe (84-73)

Compartir con

Vitoria que certifica ser primeiros ao final da  primeira volta e a organización da Copa Princesa

Partido intenso e espectacular o que ofreceron no Pazo para despedir o ano Cafés Candelas Breogán e Leyma Básquet Coruña. O «Derbi Romano» non defraudou e tivo de todo: xogadas espectaculares, tensión, rivalidade máxima en tódalas liñas e un ambientazo na grada.

O encontro desenvolveuse con bastante igualdade no eletrónico con lixeiras vantaxes locais pero que nunca chegaron a ser definitivas (40-34 ao descanso).

 

O Cafés Candelas Breogán vence nun derbi de alta voltaxe (84-73)

O Leyma demostrou que é un equipo chamado a estar arriba e evitou en todo momento que os celestes estiveran cómodos no partido. Pero os homes de Lezkano souperon sufrir e tirar de defensa nos  minutos nos que atopou freo en ataque e así chagou ao momento clave no que unha serie de accións entre o final do terceiro cuarto e o inicio do derradeiro, con dúas triplas consecutivas de Sulejmanovic incluídas, daban unha cómoda vantaxe aos locais (67-52) que administraron ata o final si ben os laranxas non deron o partido por perdido en ningún momento.

O Cafés Candelas Breogán vence nun derbi de alta voltaxe (84-73)

Vitoria moi traballada  por parte de todo o equipo aínda que a actuación dun home: Matt Stainbrook, merece ser resaltada cos seus 16 puntos, 8 rebotes e 4 asistencias, 3 recuperacións e 9 faltas recibidas, para 31 de valoración. Dato salientable especialmente tendo encoenta que diante tivo durante moitos  minutos  a homes como Sonseca e Olmos, a quen desesperou por momentos.

O Cafés Candelas Breogán vence nun derbi de alta voltaxe (84-73)
O Cafés Candelas Breogán vence nun derbi de alta voltaxe (84-73)
O Cafés Candelas Breogán vence nun derbi de alta voltaxe (84-73)
O Cafés Candelas Breogán vence nun derbi de alta voltaxe (84-73)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información