O Cafés Candelas Breogán venceu e recolleu a copa de campión honrando á súa historia

O equipo superou con claridade ao Oviedo e festexou co Pazo unha liga inesquecible

Partido con pouca historia o vivido no Pazo entre o Cafés Candelas e o Oviedo. Os visitantes aguantaron o primeiro cuarto co marcador equilibrado (27-26). A partir dese intre os celestes foron moi superiores aos visitantes en tódalas facetas (21-10; 23-14 e 20-15 nos cuartos restantes), dende o rebote e a defensa, ata a anotación e mesmo a capacidade de ofrecer espectáculo aos seareiros con xogadas espectaculares como os 5 mates de Demetrio e os 2 de Fuzaro que ergueron ao público do Pazo dos asentos.

Vitoria contundente (91-65) e final en festa coa entrega por parte do presidente da FEB, Jorge Garbajosa, e o Presidente do CSD, José Ramón Lete, do trofeo de campión ao Cafés Candelas. No acto estivo presente o presidente fundador, José Ramón Varela Portas, que xunto con outros emprendedores entre os que estaban os seus irmáns, fundaron no ano 66 o Breogán que hoxe, mais de 50 anos depsois, segue facendo soñar a lucenses de moitas xeracións. Don José Ramón recibiu o cariño do público do Pazo, das autoridades e do equipo.

 

O Cafés Candelas Breogán venceu e recolleu a copa de campión honrando á súa historia
O Cafés Candelas Breogán venceu e recolleu a copa de campión honrando á súa historia
O Cafés Candelas Breogán venceu e recolleu a copa de campión honrando á súa historia
O Cafés Candelas Breogán venceu e recolleu a copa de campión honrando á súa historia

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información