O Cafés Candelas Breogán visitou a adega Vía Romana na Ribeira Sacra

O equipo ao completo coñeceu as orixes e proceso de elaboración dun viño único

A Ribeira Sacra é unha contorna singular na que se producen viños cunha tradición secular e cuxa produción adaptouse e transformou, durante centros de anos, a paisaxe e a cultura.

A adega Vía Romana, situada en A Ermida, Belesar (Chantada-Lugo)  produce un dos grandes viños desta Denominación de Orixe, e o equipo ao completo coñeceu in situ os seus segredos.

Na propia adega agardaba ao equipo o xerente de Vía Romana, Juan Luis Méndez, acompañado da directora técnica Paula Carballada. Ámbolos dous felicitaron ao equipo pola tempada e o recente ascenso a ACB, e guiaron aos asistentes nunha visita á adega, explicando paso a paso o proceso de elaboración do viño, dende a vendima ata o embotellado.

O Cafés Candelas Breogán visitou a adega Vía Romana na Ribeira Sacra

Trala ruta, todos gozaron dun aperitivo co vermú Nordesia e produtos típicos da zona da Ribeira Sacra, seguido duha comida no comedor da adega, da man do restaurante pulpeira Os Pendellos.

A comida foi acompañada por viños da adega: Vía Romana Godello, Vía Romana Añada 2016 e VR Barrica.

 Unha experiencia imprescindible para os amantes da gastronomía, a natureza, a paisaxe, a cultura e os mellores viños nunha contorna espectacular.

Dende o CB Breogán agradecemos a Vía Romana a súa hospitalidade e a oportunidade de coñecer unha das grandes tradicións dunha terra única.

O Cafés Candelas Breogán visitou a adega Vía Romana na Ribeira Sacra

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información