Os celeste ofreceron a súa peor versión e deixaron medrar ao Palma
So no segundo cuarto o Breogán parecía que ía impoñer a súa teórica superioridade (parcial de 12-22 para cegar ao descanso con 35-42). Pero o Iberostar creu na remontada e foi gañando terreo cun excepcional Bivia (32 puntos).
Os celestes, que non fixeron un bo partido, víronse tamén lastrados pola diferenza de faltas. Os locais lanzaron 26 tiros libres por 10 dos lucenses, e anotaron 10 máis que o Breo, o xusto para a vantaxe final no marcador. Un dato que non pode ocultar a mala posta en escena do Cafés Candelas que non chegou a atoparse cómodo en Son Moix exceptuando uns minutos do segundo cuarto.
Toca pensar xa no partido do domingo no Pazo ante Peñas Huesca (18:00horas). O Breo mantense líder cunha vitoria máis average sobre Manresa e Prat.