O Cafés Candelas comeza abril con partido no Pazo

Compartir con

O domingo día 1, ás 18:00 horas, chega Araberri

O Cafés Candelas comeza abril con partido no Pazo

Novo partido vital para as aspiracións do Cafés Candelas Breogán, e de novo ao calor do Pazo. Será o domingo día 1 ás 18:00 horas e o rival será o Sáenz Horeca Araberri, equipo co que os celestes caeron na primeira volta en terras vascas (97-91), e que chega ao Pazo xogando por entrar en prazas de play off.

O Araberri é un equipo moi perigoso e que conta con xogadores de moita calidade. Toca prestar especial atención a homes como o base Wintering (14 puntos e 5,2 asistencias por partido) ou ao escolta John Dee (16 puntos de media cun 46,7% en tiros de tres puntos).

Nas filas do Sánez Horeca, adestrado polo galego Antonio Pérez Cainzos, milita o ex celeste Fede Uclés, que está a ser un home importante con 8,6 puntos e 5,7 rebotes de media na tempada.

O rival dos celestes chegará a o Pazo tras vencer na pasada xornada ao Força Lleida (93-84).

As entradas para o partido están á venda na taquilla online desta web e na taquilla física do Pazo dende unha hora antes do partido.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información