O Cafés Candelas compartiu pista con escolares en A Pobra

Compartir con

O equipo celeste adestrou no pavillón Municipal de A Pobra de San Xiao en Láncara

O Cafés Candelas compartiu pista con escolares en A Pobra

Mañá especial para o Breogán e para douscentos escolares de A Pobra que presenciaron parte do adestramento realizado no polideportivo da localidade lucense.

O equipo deu por iniciada a preparación do encontro do sábado en Oviedo nun escenario diferente, sobre o parqué do polideportivo de Láncara e trala sesión houbo tempo para que os alumnos do colexio público Ramón Piñeiro compartirán pista co equipo, cazaran os autógrafos e as fotos desexadas e probaran o seu lanzamento co balón oficial co que adestra o equipo.

O Cafés Candelas compartiu pista con escolares en A Pobra

Á visita tamén acudiu o deputado de deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, e foron entregadas aos alumnos entradas para asistir ao próximo partido do Cafés Candelas no pazo, grazas ao patrocinio da Deputación Provincial, que potencia as actividades sociais e de promoción do deporte na provincia.

O Cafés Candelas compartiu pista con escolares en A Pobra
O Cafés Candelas compartiu pista con escolares en A Pobra
O Cafés Candelas compartiu pista con escolares en A Pobra

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información