O Cafés Candelas da o primeiro paso

Compartir con

O conxunto celeste adiántase no Pazo ao Palma (77-65)

 

Non fallou o Cafés Candelas na súa pireira cita do play off de ascenso. Nun partido duro e intenso os celestes tiveron que sobreponerse a unha eterna zona dun rival correoso e coas ideas claras que amosou por momentos o seu perigo e  capacidade de meterse unha e outra vez no partido.

O Breo tivo que tirar de oficio e apertar os dentes en defensa no tramo final onde superou ao rival cun parcial de 21-12 no cuarto definitivo.

Destacaron xogadores como Iván Cruz (10 puntos e 13 rebotes), Bropleh (18 puntos e 7 rebotes), Franch (16 puntos e 4 asistencias), Stainbrook (6 puntos 9 rebotes) ou Lobito Fernández (13 puntos e 4 asistencias).

Biviá foi o máximo realizador dos visitantes con 14 puntos.

Os celestes superaron as baixas de Fakuade e Huertas.

Próxima batalla: o domingo 7 de mauo ás 18:30 horas. De novo no Pazo.

ESTATÍSTICA

O Cafés Candelas da o primeiro paso
O Cafés Candelas da o primeiro paso

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información