O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados

Compartir con

Tarde de agradecemento polo apoio durante unha intensa tempada

O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados

O Pazo acolleu unha sesión moi especial na que o equipo quixo dar as grazas do xeito máis sinxelo e, ao mesmo tempo, máis sincero: estando coa xente.

O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados

Centos de nenos acompañados polos pais e, nalgún caso, de adestradores e avós, puideron fotografarse con xogadores e técnicos, xogar sobre o parqué onde tanto viron xogar aos seus ídolos, e levar a sinatura de tódolos que formaron parte deste Cafés Candelas Breogán 2016/2017.

Posters, fotos, zapatillas, camisetas, bufandas, debuxos, e mesmo a pel, serviron de lenzo para levar a modo de lembranza a firma de xogadores e técnicos.

O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados

Foi o xeito de agradecer o apoio e de dicir que seguimos en pé, e que contamos con todos para a 2017/2018.

Forza Breo!

O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados
O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados
O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados
O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados
O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados

Esta actividade enmárcase dentro do acordo de patrocinio da Deputación de Lugo co Breogán en favor da promoción do deporte e os seus valores.

O Cafés Candelas despediu a tempada cos afeccionados

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información