O Cafés Candelas e a Marea Celeste deteñen ao líder en Burgos (83-92)

Compartir con

O equipo celeste superou a San Pablo Burgos nun gran partido dominado por Lobito e Stainbrook .

Foto: CBM/María González
Foto: CBM/María González

Espectacular trunfo  celeste en El Plantío. O Inmobiliaria San Pablo levaba oito vitorias consecutivas,pero o Cafés Candelas foi quen de superar un partido igualado nunha cancha complicadísima.

Os celestes sobrepuxéronse ao alto número de faltas que acumularon dende os minutos iniciais e a un equipo punteiro como o burgalés.

Juan Lobito Fernández,con 29 puntos e 6 asistencias, e Matt Stainbrook con 20 puntos e 12 rebotes, foron so xogadores máis destacados do partido, ben acompañados de Franch (12 puntos), Fakuade (11 puntos) e Arco (10p.).

O equipo celeste non estivo so en El Plantío. Decenas de seareiros fixeron que a Marea Celeste estivera presente en Burgos. Dende o CB Breogán agradecemos o seu apoio.

O vindeiro sábado 14 de xaneiro,o Cafés Candelas volve ao Pazo. Recibirá ao Cáceres Patrimonio de la Humanidad ás 20:00 horas).

O equipo agradeceu aos desprazados o seu apoio tralo partido
O Cafés Candelas e a Marea Celeste deteñen ao líder en Burgos (83-92)
Foto: CBM/María González
Foto: CBM/María González

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información