O Cafés Candelas fará unha concentración na Mariña Lucense

Compartir con

O equipo de Liga Endesa estará dende o sábado 1 ata o luns día 3 aloxado en Viveiro

Está previsto que o equipo viaxe na mañá do sábado ata a localidade mariñá onde será recibido na casa do concello. Dende alí instalaranse xa nun hotel da localidade e comezarán un programa de traballo que inclúe dous adestramentos en San Cibrao (Cervo), un adestramento en Viveiro, traballo de recuperación en piscina e SPA e traballo físico e de recuperación nunha das praias do entorno.

Dende o CB Breogán queremos expresar o agradecemento pola hospitalidade e disposición tanto do Concello de Viveiro onde o equipo se aloxará, como a colaboración do Concello de Cervo coas instalación deportivas.

O Cafés Candelas fará unha concentración na Mariña Lucense

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información