O Cafés Candelas foi de menos a máis para vencer en Azpeitia

Compartir con

Foto: Sammic Hostelería
Foto: Sammic Hostelería

Os celestes superaron ao Sammic Hostelería por un claro 61-81

Tivo que empreñarse a fondo o equipo de Natxo Lezkano ante un traballador Iraurgi que mantivo a igualdade no primeiro tempo (37-42 ao descanso).

Tralo intermedio, e cun punto máis de intensidade defensiva, o Breo cimentou a vitoria e buscou o aro rival con insistencia consciente da importancia dos puntos na clasificación desta primeira volta e na procura de achegarse á Copa Princesa.

Matt Stainbrook foi o xogador máis valorado do partido (21 val.) con 9 puntos, 10 rebotes e 3 asistencias.

O Cafés Candelas celebrará o Nadala tras unha importante vitoria pero sin perder de vista o derbi do vindeiro venres no Pazo (día 29, 20:45 horas) ante Leyma Basquet Coruña.

 

O Cafés Candelas foi de menos a máis para vencer en Azpeitia
Foto: Sammic Hostelería
Foto: Sammic Hostelería

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información