O Cafés Candelas, imparable no Pazo

Compartir con

O Cafés Candelas, imparable no Pazo

O equipo celeste superou a un Clavijo desbordado polo xogo local (96-50)

Partido sen historia o vivido no Pazo. O Cafés Candelas foi superior practicamente dende o principio e asinou unha vitoria sen fisuras para esquecer as dúas derrotas anteriores e aferrarse ao liderado en solitario.

O resultado final (96-50) e tamén a diferenza de valoración global (144 para os celestes e 27 para os visitantes, dan unha idea do desnivelado que foi o partido.

O Pazo divertiuse coa presenza dos irmáns Quintela sobre a pista, o debú de Kabasele e o partidazo de Stainbrook (10 puntos, 6 rebotes, 6 asistencias), Löfberg (21 puntos), Sulejmanovic (14 puntos, 5 rebotes), Arco (13 puntos), Rubio (11 puntos e 5 rebotes)…

Vitoria balsámica para os celestes que pensan xa na visita a Iraurgi (23/12 ás 18:00 horas).

 

O Cafés Candelas, imparable no Pazo
O Cafés Candelas, imparable no Pazo
O Cafés Candelas, imparable no Pazo
O Cafés Candelas, imparable no Pazo
O Cafés Candelas, imparable no Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información