O Cafés Candelas, no Día Internacional do Leite con alumnos de As Mercedes
Máximuis, Seidou e Quintela acompañaron a escolares de Lugo nunha xornada de aprendizaxe na Aula de Produtos Lácteos do Campus Terra de Lugo
Os celestes acompañaron ao persoal e aos alumnos do colexio As Mercedes de Lugo no percorrido polo centro con motivo do día no que se lembra a importancia do leite como parte dunha alimentación vencellada aos hábitos de vida saudables.
Publicado por CLUB BALONCESTO BREOGAN SAD en Viernes, 2 de junio de 2017
O CB Breogán colabora habitualmente nesta celebración e sempre está presente en actividades que se vencellen cos hábitos saudables, como parte do plan de patrocinio da Deputación de Lugo para a promoción do deporte e dos valores asociados, entre os máis novos.