O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable

Compartir con

O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable

O equipo celeste sumou un trunfo con remontada incluída ante un gran Araberri (106-98)

O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable

Espectáculo enorme o vivido no Pazo. Os celestes comezaron dando a súa peor versión ante un Araberri demoledor no lanzamento que que foi quen de poñer as cousas moi negras para os celestes cun primeiro cuarto que remataba cun 19-37 no electrónico.

O equipo de Lezkano víase moi por detrás no marcador cun rival diante perigosísimo e con confianza no Pazo. Pero os celestes sacaron a raza defensiva no segundo cuarto e en poucos minutos, co apoio da grada, e con momentos memorables en defensa da man de homes como Sergi Quintela, devolveron a moeda aos visitantes cun espectacular 37-15 no segundo cuarto.

Chegábase ao descanso cun 56-52 que parecía imposible tralo que se viu no inicio do partido.

O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable

Pero o Araberri non se deu por vencido en ningún momento e volveu a dominar, xa por escasas diferencias no terceiro cuarto (83-84 ao final do terceiro período).

O cuarto final foi de infarto. A maxia de homes como Ricardo Úriz, Matt Stanbrook ou Quintela, sentenciaban un partido memorable en favor dos locais (23-14 de parcial para o resultado final de 106-98.

Espectacular partido do equipo a partir do segundo cuarto. Matt Stainbrook sumou 45 tantos de valoración con 24 puntos, 8 rebotes e 5 tapóns. Pero o partido de homes como Ricardo Úriz (21 puntos, 8 asistencias), Sergi Quintela (14 puntos, 5 recuperacións), ou Sandi Cebular (14 puntos), foi espectacular.

Vitoria de moito valor para os celestes que contaron co apoio dun Pazo espectacular.

O Cafés Candelas segue líder e visitará o vindeiro venres a cancha do Clavijo de Erik Quintela.

O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable
O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable
O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable
O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable
O Cafés Candelas puxo a proba os corazóns celestes cunha vitoria memorable

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información