O Cafés Candelas traballou con medio cento de infantís para conformar a selección da MiniCopa Endesa

Compartir con

O Cafés Candelas traballou con medio cento de infantís para conformar a selección da MiniCopa Endesa

Os técnicos do Cafés Candelas desenvolveron unha sesión de baloncesto na que puideron comprobar o excelete traballo coa base dos clubs da provincia de Lugo

Foi unha xornada moi especial na que cincuenta nenos enviados polos clubs da Provincia traballaron ás ordes dos adestradores do equipo ACB e co apoio de técnios do Ensino de Liga Feminina e Estudiantes Lugo.

O Cafés Candelas traballou con medio cento de infantís para conformar a selección da MiniCopa Endesa

Tras unha recepción dos participantes e reparto das camisetas dunha edición especial para o evento, os máis de cincuenta rapaces procedentes de moitos dos clubs de base da provincia compartiron uns minutos sobre o parqué co plantel ao completo do Cafés Candelas Breogán e houbo tempo para algunha foto, e algunha pregunta aos xogadores antes de poñerse a adestrar. 

A partir de aí comezou unha intensa tarde de traballo sobre o parqué baixo a atenta mirada dos adestradores, preparadores físicos, fisios, responsables técnicos e parte do plantel do equipo ACB.

Todos amosaron o bo traballo que realizan a diario nos seus respectivos clubs. Nuns días os técnicos decidirán o nome dos convocados, unha tarefa complicada xa que visto o nivel da maioría dos participantes, o Breo podería facer máis dun e de dous equipos para participar na Fase Previa da Minicopa Endesa.

Unha boa experiencia que, sin dúbida, terá continuidade no futuro.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información