O Cafés Candelas regresa ao traballo pensando en Araberri

Compartir con

Os celestes xogarán o domingo 10, ás 18:00 horas en Vitoria

Tras unha fin de semana accidentada no plano físico, o Breogán regresa ao adestramento este martes cunha longa sesión de traballo pola tarde que inclúe paso polo ximnasio e posterior traballo técnico na pista central do Pazo dos Deportes.

A semana continuará cunha dobre sesión o mércores con ximnasio e pista pola mañá e cancha pola tarde.

O xoves e o venres o equipo traballará en única sesión (xoves tarde e venres pola mañá), e o sábado viaxarán por estrada a Vitoria onde se enfrontarán ao Araberri o domingo ás 18:00 horas no encontro correspondente á décimo terceira xornada.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información