O Cafés Candelas remata a concentración na Mariña Lucense

O Cafés Candelas remata a concentración na Mariña Lucense

O equipo celeste pasou tres días nun entorno propicio para o taballo e a recuperación

Excelente acollida do Cafés Candelas na Mariña. O equipo aloxouse en Viveiro e adestrou entre este concello e o de Cervo - San Ciprián. Tanto as instalación deportivas como o entorno natural, as praias e as instalación hostaleiras cubriron con creces as necesidades do equipo que aproveitou a concentración para seguir avanzando na preparación na pista, física e tamén no aspecto colectivo coa primeira convivencia dos membros do novo plantel.

O Cafés Candelas remata a concentración na Mariña Lucense

Na estancia, ademais de adestramentos en pista, houbo tempo para a recepción no Concello de Vivieiro, para compartir  uns momentos cos rapaces e rapazas da canteira mariñá, e para atreverse con actividades como o paddle surf e outras modalidades nas espectaculares praias da Mariña.

 

O Cafés Candelas remata a concentración na Mariña Lucense

Dende o CB Breogán queremos agradecer a tódalas persoas, institucións e empresas que fixeron posible estes tres días nun entorno incomparable da Provincia de Lugo. O equipo repetirá seguro!

O Cafés Candelas remata a concentración na Mariña Lucense
O Cafés Candelas remata a concentración na Mariña Lucense
O Cafés Candelas remata a concentración na Mariña Lucense

Ciudad de Viveiro!!! #playa #Kayak ????

A post shared by Lucio Redivo (@lucioredivo12) on

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información