O Cafés Candelas sufre e vence en Castelló (89-91)

Compartir con

Partido ao límite e nova vitoria moi traballada dos celestes

O Cafés Candelas comezou dominando na cancha do TAU Castelló  chegando ao descanso cunha renda que parecía prever unha segunda parte máis cómoda do que foi (40-53).

Pero o TAU Castelló amosou os motivos que o levan a ser un dos equipos con mellor progresión no actual tramo de liga e axustou o electrónico poñendo a proba aos celestes que tiveron que empregarse a fondo para non deixar escapar a vitoria (20-15 no 3º cuarto e 29-23 no derradeiro). O compromiso do equipo en defensa e o talento de homes como Ricardo Úriz –clave no encontro con 23 puntos (4/4 en T3)- deron unha vitoria moi traballada ao Cafés Candelas nunha cancha complicada.

O equipo lucense mantén a vantaxe na cabeza da clasificación e pensa xa no compromiso do vindeiro domingo día 4 ás 18:00 horas no Pazo ante o Chocolates Trapa Palencia.

O Cafés Candelas sufre e vence en Castelló (89-91)
Foto: Pascual Cándido TAU Castelló
Foto: Pascual Cándido TAU Castelló
Foto: Pascual Cándido TAU Castelló
Foto: Pascual Cándido TAU Castelló
Foto: Pascual Cándido TAU Castelló
Foto: Pascual Cándido TAU Castelló
Foto: Pascual Cándido TAU Castelló
Foto: Pascual Cándido TAU Castelló

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información