O Cafés Candelas suma en Logroño unha valiosa vitoria (76-92)

Os celestes superaron a un combativo  Clavijo e avanzan cara ao obxectivo

O Breo suma e segue  buscando o ascenso matemático. En Logroño tivo  que  empregarse a fondo para superar aun Clavijo que mantén a fe en escapar do descenso e logrou equilibrar o marcador en dúas ocasións, na primeira e na segunda parte do partido.

Pero  o equipo celeste castigou cada erro dos locais e con actuacións destacadas de homes como Sulejmanovic (18 puntos e 12 rebotes), Salva Arco (15 puntos), Stainbrook (11 puntos, 6 rebotes, 3 asistencias), ou Christian Días (10 puntos, 5 asistencias), foron clave para unha vitoria na que o Breo asinou grandes porcentaxes no lanzamento e seguriadade para amarrar unha vitoria clave no tramo final de tempada.

O CafésCandelasxoga a vindeira fin de semana na casa, no Pazo, ante Sammic Hostelería (venres 13, 20:45 horas).

O Cafés Candelas suma en Logroño unha valiosa vitoria (76-92)
Fotos: Carlos Bernabé
Fotos: Carlos Bernabé
Fotos: Carlos Bernabé
Fotos: Carlos Bernabé
Fotos: Carlos Bernabé
Fotos: Carlos Bernabé
Fotos: Carlos Bernabé
Fotos: Carlos Bernabé

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información