O Cafés Candelas tamén gaña en Palencia

Os celestes superaron un partido complicadísimo con oficio e traballo duro (70-74)

O día no que o tiro exterior non tivo tanta fluidez como noutros partidos, no que o rival puxo dificultades no rebote (19 en ataque dos palentinos) e no que as perdas tamén lastraron por momentos aos celestes (17), o Cafés  Candelas tamén soupo buscar recursos  para gañar. Unha vitoria traballada dende a defensa rebaixando as porcentaxes de acerto do rival para poner as bases dun novo trunfo.

Nun partido  trabado ante  un grandísimo  rival que madou no electrónico durante moitos minutos, o  Breo amosou unha vez máis que cree sempre nas súas posibilidades e loita cada segundo para acadar vitorias como a oitava consecutiva que lle da, unha semana máis, o liderado en solitario aos celestes.

Guille Rubio, con 18 puntos e 10 rebotes foi o xogador máis valorado do partido (26 de valoración). Destacou tamén Salva Arco con 18 puntos, e a entrega de todo o equipo por momentos en defensa que freou o acerto palentino nun partido a menos puntos do que estamos habituados neste inicio de campaña e no que o Breo demostrou que tamén está preparado para adaptarse a todo tipo de encontros.

O Equipo lucense defenderá o liderado o sábado 18 ás 20:00 horas no Pazo ante outro dos favoritos. Chega a Lugo o Manresa.

O Cafés Candelas tamén gaña en Palencia

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información