O Cafés Candelas toma aire en Huesca (65-86)

Foto C. Pascual -Peñas Huesca
Foto C. Pascual -Peñas Huesca

Vitoria celeste para esquecer as últimas semanas e afrontar con optimismo o tramo decisivo que ten por diante.

O conxunto celeste saíu ao parqué oscense con gañas de amosar que non está descartado para nada nesta liga.

A intensidade en defensa, o dominio interior de Stainbrook  (18 puntos e 9 rebotes), a viveza no xogo de ataque e o acerto de homes como Gilling (18 puntos), Huertas (12 puntos), Cruz (8 puntos e 7 rebotes), e a seriedade e achega do resto do equipo, foron factores que sumados converteron ao Cafés candelas nun rival demasiado grande para un Magia Huesca que loitou pero que se foi diluíndo ante a falta de acerto e a superioridade celeste.

Importante vitoria para seguir soñando e afrontar a difícil saída da vindeira sábado a Oviedo con máis confianza.

--ESTATÍSTICA--

Foto C. Pascual -Peñas Huesca
Foto C. Pascual -Peñas Huesca
Foto C. Pascual -Peñas Huesca
Foto C. Pascual -Peñas Huesca

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Aceptar Más información