O Cafés Candelas vence e racha a maldición do campión de Copa

Compartir con

Os celestes suman unha vitoria moi traballada en Cáceres (77-84)

Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad

Nas últimas tempadas, o campión de Copa sufría derrota na seguinte cita ligueira trala final. O inicio de partido do Cafés Candelas en Cáceres parecía apuntar a que a tendencia ía prolongarse tamén nesta ocasión, tras un cuarto inicial con chivia de triplas locais (26-13).  Paro o Cafés Candelas apretou en defensa no segundo cuarto e lograba equilibrar o partido ao descanso (43-41).

Un excelente inicio de terceiro cuarto con triplas de Ricardo Úriz, Salva Arco, tres de Sulejmanovic e Sergi Quintela, revolucionaban o encontro cun Breogán devolvendo a moeda do inicio a o equipo máis acertado da categoría dende a liña de tres puntos (56-67 ao final do terceiro período).

Pero o partido aínda tiña moita emoción que ofrecer aos  afeccionados do Multiusos e para aqueles que o seguiron na distancia por radio ou por Facebook Live. O Cáceres meteuse de novo no partido e cun parcial a favor colocábanse moi preto dos celestes a falta de pouco mais de 2 minutos para o final (77-.82). Pero o equipo de Lezkano estivo intenso en defensa e evitou que o Cáceres dera a volta ao marcador, sumando unha vitoria importantísima nunca cancha moi complicada (77-84).

Destaca a achega de homes como Sulejmanovic con 16 puntos, os 13 de Arco e Úriz, e os 10 de Quintela e Díaz.

O Cafés Candelas suma así a vitoria número 19 tras 22 xornadas, un rexistro memorable, pero con moito traballo por diante.

A próxima parada: o Pazo o sábado día 17 ás 19:15 horas ante o Melilla Baloncesto.

O Cafés Candelas vence e racha a maldición do campión de Copa
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad
Fotos: Cáceres Patrimonio de la Humanidad

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información