O Cafés Candelas vence en Melilla tras unha prórroga (101-105)

Compartir con

Final agónico ao que se chegou tras unha remontada local no último cuarto

Foto: Nuria Rioja - Melilla Baloncesto
Foto: Nuria Rioja - Melilla Baloncesto

O Cafés Candelas dominou tres cuartos de partido con certa tranquilidade e diferenzas xenerosas no electrónico. Pero o Melilla, comandado por un gran Marcos Suka, deu a volta ao partido no derradeiro cuarto e forzou unha prorroga da que Matt Stainbrook se fixo o dono do desenlace

Foto: Nuria Rioja - Melilla Baloncesto
Foto: Nuria Rioja - Melilla Baloncesto

O Cafés Candelas marchaba con 16 puntos de vantaxe ao descanso (34-50) nun partido no que os ataques imporíanse claramente e prometían un marcador  alto. O Breo mantivo o control durante o terceiro período pero o Melilla creu na remontada e liderado por  un gran de Suka Umu acadou empatar o partido (88-88) e converter o final nunha agonía que incluso servía unha prórroga tralo 92-92 do  fin do derradeiro cuarto. Pero nos minutos de prolongación Matt Stainbrook impuxo a súa lei baixo os  aros,e axudado por Franch e Lobito mataba un partido  digno dun clásico  entre dous equipos con moita  calidade.

Foto: Nuria Rioja - Melilla Baloncesto
Foto: Nuria Rioja - Melilla Baloncesto
O Cafés Candelas vence en Melilla tras unha prórroga (101-105)

Vitoria importante para o Cafés Candelas nunha cancha case que inexpugnable na presente campaña.

O conxunto celeste afronta dous compromisos consecutivos  no Pazo:Venres  24 ás 20:45 ante Leyma  Coruña,  e  martes 28 ás 20:45 ante Calzados Robusta en encontro aprazado.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información