O Cafés Candelas xa pensa en Logroño

Compartir con

O equipo celeste xogará ante Clavijo o venres día 6 ás 20:45 horas

Trala vitoria do pasado domingo no Pazo, o Cafés Candelas quere dar outro paso máis na loita polo ascenso. Será na casa do Clavijo de Erik Quintela, o irmán de Sergi, un dos protagonistas da espectacular remontada ante Araberri. Será un cara a cara dos “Kingtela”, dous lucenses de raza gañadora e os dous chegan nun gran momento de forma ao partido.

Clavijo loita pola tranquilidade de escapar de postos de descenso, e chegan a este momento clave da tempada en boa forma, tras encadear catro vitorias moi importantes ante Huesca, Palma, Barça e Manresa, o que os coloca na décimo cuarta praza da clasificación con 11 vitorias.

Moito parece ter cambiado a confianza no equipo rioxano dende aquel partido na primeira volta no Pazo no que o Cafés candelas amosouse moi superior (96-50). Ningún partido se parece ao anterior, e as situacións e necesidades de tódolos equipos a estas alturas son moi diferentes. O Clavijo é un rival moi perigoso.

Plan semanal

O Cafés candelas volve ao traballo o martes en sesión de tarde con traballo en ximnasio e posteriormente na pista do Pazo.

O mércores, tamén en sesión de tarde, o equipo ten previsto adestrar no pazo tras unha sesión de vídeo.

O xoves, o Cafés Candelas adestrará pola maña no Pazo antes de partir cara a Logroño.

Os Quintela, riváis e homes importantes en cadanseu equipo. Fotos Pat Muñoz
Os Quintela, riváis e homes importantes en cadanseu equipo. Fotos Pat Muñoz

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información