O CB Breogán dedica o encontro co Obradoiro á difusión da labor de Aliad Ultreia

Compartir con

A iniciativa enmárcase no contrato de patrocinio que a Vicepresidencia da Deputación mantén co club celeste

O CB Breogán dedicará o encontro do vindeiro sábado ante o Obradoiro (Pazo dos Deportes, 18.00 horas), a visibilizar a labor da asociación lucense Aliad Ultreia.

No marco desta iniciativa, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o club celeste empregará os seus perfís en redes sociais para difundir os servizos e programas que desenvolve a entidade, centrada en tres eidos: a atención a persoas con trastornos aditivos, a atención a poboación reclusa e ex-reclusa e a atención a vítimas de violencias machistas, especialmente de trata e explotación sexual.

Na presentación, a presidenta de Aliad Ultreia e educadora social María Barba agradeceu “a oportunidade que este tipo de accións supoñen para promover o avance social e avanzar na garantia de dereitos para as persoas en situación de vulnerabilidade en calquera destes ámbitos”

O deputado de Deportes Efrén Castro e o director xeral do CB Breogán Tito Díaz coincidiron en salientar “a dimensión social que este tipo de accións lle dan ao deporte”, lembrando que a colaboración entre a Vicepresidencia e o club “pretende ser, a través de accións coma estas, unha ferramenta útil para toda a sociedade”.

Ademais da participación en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais coma este caso, o contrato de patrocinio entre a área de Deportes e o CB Breogán pre´ve diferentes accións do fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a clubs e centros educativos e a promoción de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais das diferentes comarcas.

O CB Breogán dedica o encontro co Obradoiro á difusión da labor de Aliad Ultreia

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información