O CB Breogán lanza a modalidade de «Socio Comercial» con #EmpresasQueFanEquipo

Compartir con

O CB Breogán lanza a modalidade de «Socio Comercial» con #EmpresasQueFanEquipo

Dirixido especialmente a pequenas empresas, comercio e hostalería

O Breogán, preto de alcanzar os 4.000 aboados na grada, quere ampliar a implicación empresarial. Sendo clave para o seu proxecto o apoio dos grandes, medianos e pequenos patrocinadores, o club considera vital o apoio de todo tipo de empresas, tamén do comercio e hostalaría. Para iso pon en marcha «Empresas que fan Equipo», unha iniciativa mediante a cal os comercios, bares, ou restaurantes (por exemplo) que se adhiran recibirán dúas entradas por cada partido que xogue o Breogán no Pazo, para facer chegar a empregados, provedores ou clientes; tamén a inclusión nun listado de empresas colaboradoras que será público dende os medios do club (web oficial e redes sociais) e recibirá un distintivo como empresa colaboradora en forma de foto dedicada ao establecemento.

Serán os propios membros do equipos, xogadores e técnicos, os encargados de facer a entrega visitando o establecemento, unha visita que tamén sería fotografada e publicada en redes sociais.

A intención do club e seguir medrando a nivel social e en apoio empresarial para ofrecer a Lugo o proxecto máis forte posible que reverta tamén en beneficio das empresas.

A modalidade parte dun importe de 500€ máis IVE e as empresas interesadas poden contactar co club no 982231050 ou mediante correo electrónico en info@cbbreogan.com

Coa axuda de todos o Breogán levará o nome de Lugo con máis forza aínda aló onde vaia.

 

O Centro Deportivo D10 acolleu a presentación da campaña #EmpresasQueFanEquipo
O Centro Deportivo D10 acolleu a presentación da campaña #EmpresasQueFanEquipo
O CB Breogán lanza a modalidade de «Socio Comercial» con #EmpresasQueFanEquipo
O CB Breogán lanza a modalidade de «Socio Comercial» con #EmpresasQueFanEquipo
O CB Breogán lanza a modalidade de «Socio Comercial» con #EmpresasQueFanEquipo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información