O torneo de pretempada en Lisboa non se celebrará

Compartir con

Debido á detección de casos positivos en COVID-19 nalgún membro do equipo anfitrión (Benfica), o torneo Internacional previsto en Lisboa non se celebrará.

O Breo aproveitará a fin de semana para adestrar e continuar a posta a punto do equipo e o club traballa para pechar novos compromisos de pretempada.

Desde o CB Breogán queremos enviar unha mensaxe de ánimo e o desexo dunha pronta recuperación dos compoñentes ao equipo portugués, que xa anunciou a paralización temporal da súa actividade para controlar os casos detectados. (COMUNICADO BENFICA)

O torneo de pretempada en Lisboa non se celebrará

Copa Galicia

A Copa Galicia mantense como competición en sistema de liga entre os clubs de LEB Oro para buscar ao participante na final que se xogará ante o Obradoiro polo título autonómico. Os partidos disputaranse durante a última semana de setembro (Leite Río Breogán-COB) e a principios de outubro (Leyma – Leite Río Breogán).

A final disputarase o 20 ou 21 de xaneiro, salvo que o equipo galego de LEB Oro que xogue a final de Copa Galicia se clasifíque  tamén para a final da Copa Princesa, o que obrigaría a buscar data alternativa.

O Breo mantén o encontro do día 26 ante Valladolid.

Comunicaranse todos os cambios que se poidan producir.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información