O C.B. Breogán S.A.D. presentará a solicitude para acollerse a un ERTE

Compartir con

Afectará a xogadores, técnicos e empregados do Leche Río Breogán

Tras o Estado de Alarma pola crise do coronavirus decretado polo Goberno e tendo en conta a suspensión temporal da liga LEB Oro así como o peche das instalacións do Pazo dos Deportes por parte da Deputación Provincial de Lugo, o Consello de Administración da entidade acordou a solicitude dun ERTE por causa de forza maior á vista da paralización completa das súas actividades.

O C.B. Breogan S.A.D. entende que na situación actual é a mellor maneira de garantir a continuidade do Club e os seus empregados, á espera de poder retomar as súas actividades deportivas e sociais.

O C.B. Breogán S.A.D. presentará a solicitude para acollerse a un ERTE

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información