O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo

Compartir con

O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo

O Centro Deportivo D10 súmase como empresa colaboradora do Leite Río Breogán

O equipo terá á súa disposición unhas amplas e vangardistas instalacións que contan con todo o necesario para a preparación física, a recuperación e a posta a punto dos xogadores do Leite Río Breogán

O Xerente do Centro Deportivo D10, Leovigildo Real e o Director Xeral do CB Breogán, Tito Díaz, presentaron o acordo mediante o cal D10 pon disposición do equipo todas as súas espectaculares instalacións que contan con piscinas interiores e exteriores, ximnasio, restaurante, salas específicas de cardio e preparación física, e múltiples pistas polideportivas interiores e exteriores entre as que destacan canchas de tenis e pádel.

Ademais o club, situado a só uns minutos do centro da cidade de Lugo nun entorno natural, conta con múltiples salas e actividades para tódalas idades e persoal especializado tamén en actividades infantís, o que o converte nunha contorna ideal para o tempo libre das familia tamén de deportistas e técnicos, algo sobre o que moitos deles xa se interesaron ao coñecer as instalacións.

Ademais da rolda de prensa de presentación do convenio, técnicos e xogadores percorreron as instalacións e mesmo os xogadores Mateo Sánchez e Roope Ahonen atrevéronse a pelotear nunha das poucas pistas de pádel con licenza World Padel Tour que hai en España e que se atopa ao dispor dos usuarios de D10.

Ademais da colaboración con servizos e instalacións, D10 sumouse á iniciativa de «Socio comercial» do CB Breogán coñecida como «Empresas que fan equipo» e que levará aos establecementos un distintivo de colaborador e contarán con entradas para clientes e empregados, sendo os propios xogadores os encargados de acudir aos establecementos para entregar a foto de equipo dedicada que acredita á empresa como socia.

Agradecemos a D10 o seu compromiso por facer equipo.

Coñece o Centro D10

O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo
O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo
O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo
O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo
O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo
O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo
O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo
O Centro Deportivo D10 súmase ao equipo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información