O Club Baloncesto Breogán SAD suspende os adestramentos durante o resto da semana

Compartir con

Ante a situación actual derivada do COVID-19

Ante a situación actual derivada do COVID-19, o Club Baloncesto Breogán S.A.D. acorda a suspensión da actividade do seu persoal deportivo cancelando os adestramentos e eventos previstos nesta semana. Da mesma maneira o resto do persoal laboral seguirá desenvolvendo a súa actividade profesional na modalidade de teletraballo desde os seus domicilios.

Nas próximas horas terá lugar unha charla informativa a cargo do médico do Club, Luís Coira, dirixida a todos os membros da entidade, para informar sobre os protocolos de actuación a seguir durante os próximos días.

Quedamos á espera das medidas ditadas polos organismos correspondentes para determinar a actividade do Club a partir da seguinte semana.

As posibles variacións ou modificacións que se produzan comunicaranse o máis axiña posible.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información