O club traballa para mellorar a experiencia dos partidos no Pazo

Compartir con

Reforzarase persoal de control nas delimitacións de zonas coa intención de mellorar a circulación de persoas dentro da instalación

Coa intención de achegar máis o público do Pazo ao equipo e ao espectáculo da pista, e de facer á afección máis partícipe dos partidos do Cafés Candelas Breogán como local, dende o Consello de Administración tomáronse algunhas medidas como a eliminación da maioría das cercas de separación entre grada e pista, e de delimitación de zonas Gris con xeral.

Dende o club queremos agradecer a aceptación por parte da afección das novidades e das normas básicas de seguridade ás que obrigan, e lembramos a necesidade de respectar os accesos e evitar o paso entre zonas polo medio das filas de asentos para facilitar a todos a mellor atención ao partido durante o xogo.

Lembramos que cada zona/grada ten asignadas portas de acceso, cafetería e aseos* e cada usuario debe usar as correspondentes á súa localidade de abono.

Aínda sendo moi minoritarias as situacións incómodas derivadas do novo sistema, o club reforzará o persoal de control nas delimitacións de zonas coa intención de mellorar a circulación de persoas dentro da instalación, evitar as molestias por movementos entre zonas, e para ampliar a posibilidade de información para calquera cuestión que as persoas do público poidan precisar.

Dende o club agradecemos a tódolos asistentes o seu apoio durante toda a tempada na que seguiremos traballando para mellorar en tódolos aspectos para que a experiencia de cada partido no Pazo sexa, como ven sendo habitual, unha cita atractiva para familias e persoas de tódalas idades.

*
*

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información