O deporte individual e o colectivo en Lugo, a debate

Este mércores 28 de xuño a partir das 19:00 horas na sala de exposicións da Deputación de Lugo en San Marcos, mesa redonda con cinco expertos de diversas disciplinas

A Provincia de Lugo e a capital contan con destacados deportistas en diversas disciplinas. Historicamente, deportistas individuais trouxeron a Lugo moitos éxitos en deportes como atletismo ou o piragüismo, que contan con grande tradición na sociedade lucense. Tamén teñen moito calado disciplinas como o fútbol, voleibol, baloncesto ou outros deportes de equipo.  Cales son as condicións idóneas para que o deportista se decante por unha ou outra disciplina? Existen condicionantes ambientais, psicolóxicos, sociais para que unha sociedade destaque en deportes individuais ou de equipo?

Cinco profesionais do deporte, da psicoloxía, da xestión e do deporte e da comunicación poñen enriba da mesa un tema interesante sobre o deporte en Lugo.

Sentaranse a debater Paco Villanueva, dirixente deportivo, Tito Valledor, presidente do Club Fluvial, o traumatólogo e adestrador de atletas Mariano Castiñeira, e o psicólogo Rubén López. A charla será moderada polo xornalista Tito Diéguez.

Unha actividade aberta ao público que entra dentro do programa de actividades do 50 aniversario do CB Breogán e que conta co patrocinio da Deputación de Lugo.

O deporte individual e o colectivo en Lugo, a debate

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información