O derbi, para o Cafés Candelas Breogán (83-71)

Compartir con

Vitoria clara dos celestes no arranque de liga no Pazo

O Cafés Candelas superou con claridade ao Río Ourense  nun encontro que dominou de principio a fin aínda que o COB  logrou meterse no partido tras un bo inicio de terceiro cuarto tras un parcial de 8-0 que apertaba lixeiramente o marcador (52-47).

Pero o Breo volveu a amosarse máis fresco no tramo final e asinou a primeira vitoria dun novo curso baloncestístico.

Matt Stainbrook xogou finalmente aínda que poucos minutos, aínda lonxe do 100% trala lesión na man dereita.

Löfberg con 16 puntos e 4 rebotes foi o máis valorado do Cafés Candelas (17 val.). Tamén destacaron Úriz con 14 puntos e 3 asistencias, Salva Arco e Fuzaro aportaron 13 puntos cada un.

Comezo con vitoria dos celestes que agardan nova data para o partido da segunda xornada, previsto inicialmente para a vindeira fin de semana en Valladolid pero que será aprazado. 

O derbi, para o Cafés Candelas Breogán (83-71)
O derbi, para o Cafés Candelas Breogán (83-71)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información