O derbi servirá para visibilizar a loita contra a diabetes

Compartir con

A Deputación de Lugo e o Breogán retoman os partidos solidarios visibilizando a diabetes durante o Derbi

Este partido é posíbel grazas ao contrato de patrocinio asinado entre o CB Breogán e a Área de Deportes da Deputación de Lugo, que promove o labor social do deporte

O partido do sábado 21 de decembro, que enfrontará ao Leite Río Breogán e ao Leyma Coruña será o primeiro partido solidario da temporada, nesta ocasión dedicado a Asociación de Diabéticos Lucenses (ADIL). Así o anunciaron este xoves o Deputado de Deportes, Efrén Castro, O Presidente de ADIL, Víctor Herrán Carreira, e o Director Xeral do CB Breogán, Tito Díaz.

Esta iniciativa é posíbel grazas ao contrato de patrocinio asinado entre o CB Breogán e a Área de Deportes da Deputación de Lugo, que promove o labor social do deporte, apoiando Asociacións e colectivos, fomentando hábitos de vida saudábeis, loitando contra os estigmas e dando a coñecer as problemáticas asociadas a moitas doenzas.

Efrén Castro destacou que “para a Deputación é un orgullo organizar este tipo de iniciativas, sempre da man do Breogán, que a ninguén se lle escapa a importancia que ten como altofalante na cidade.”

A diabetes é unha enfermidade que afecta a preto de 2.000 lucenses, unha cifra que aumenta cada ano por culpa do envellecemento da poboación e o sedentarismo. ADIL leva traballando na provincia de Lugo desde hai case 20 anos, o seu labor máis importante é o de concienciación da poboación, dando a coñecer a enfermidade en numerosos talleres, charlas e conferencias, pois moitas das persoas que a padecen non son conscientes.

O derbi servirá para visibilizar a loita contra a diabetes
O derbi servirá para visibilizar a loita contra a diabetes

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información