O desacerto condena ao Breo no derbi

Compartir con

O Cafés Candelas caeu nun mal partido en Ourense (79-67)

O desacerto condena ao Breo no derbi

O equipo celeste non atopou o ritmo adecuado para superar ao COB no Paco Paz. A falta de acerto e o bo partido do equipo local levaron á terceira derrota breoganista do curso.

O desacerto condena ao Breo no derbi

Excepto no cuarto inicial (12-16) o Cafés Candelas foi superado en tódolos períodos, sendo o segundo o máis desequilibrado a favor dos ourensáns (29-17).

As malas porcentaxes no lanzamento (5 de 19 en triplas) pesaron demasiado, e o equipo local soubo aproveitar a mala tarde do lider para acadar unha vitoria importante nas súas aspiracións de remontar postos na clasificación.

Emir Sulejmanovic foi o máis destacado do Breogán con 17 puntos, 11 rebotes (23 val.).

O Cafés Candelas mantén o liderado da LEB Oro e debe pensar xa no próximo rival. Será o Valladolid de paco García no Pazo o venres 19 ás 20:45 horas.

O desacerto condena ao Breo no derbi
O desacerto condena ao Breo no derbi
O desacerto condena ao Breo no derbi
O desacerto condena ao Breo no derbi
O desacerto condena ao Breo no derbi

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información