O Dr. Luis Coira incorpórase como médico do Leite Río Breogán

Compartir con

Coira, con ampla experiencia en medicina deportiva, estará no día a día do equipo e será o enlace con Hospital POLUSA

Luis Coira Nieto (Lugo ,12/06/1962) exercerá como xefe dos servizos médicos do CB Breogán no novo proxecto, encargándose no día a día da saúde do equipo e traballando de enlace con Hospital POLUSA, centro de referencia para o club.

Coira conta cunha ampla experiencia ao coidado de deportistas profesionais e exerceu de Xefe dos Servizos Médicos do CD Lugo durante varias tempadas, ademais de participar na organización de diversas probas deportivas nacionais e internacionais.

O Dr. Luis Coira incorpórase como médico do Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información