O FMP Meridian serbio, primeiro rival do Río Breogán en competición europea
O sorteo determinou os rivais da previa e o grupo de liga regular que tocaría aos celestes en caso de clasificación

O Río Breogán terá que superar tres roldas a partido único, que se disputarán nunha sede única (por determinar), para acceder á liga regular da Basketball Champions League.
O FMP Meridian serbio será o primeiro rival. Se o equipo celeste pasa a semifinal, o rival sería o Opava Checo. En caso de clasificación, no terceiro e definitivo, os rivais poderían ser: Bakken Bears danés, o Parnu Sadam estonio ou o Swans de Austria.
Nunha hipotética clasificación para a liga regular o Río Breogán entraría no Grupo E xunto ao Hapoel Herusalem, MHP Riesen alemán e Darussafaka turco.

