O #ForzaBreo foi para todos nesta ocasión

Compartir con

Os amigos de Asorlu axudáronnos a que o Pazo «berrase» Forza Breo en lingua de signos.

Foi un momento especial no que o Pazo quixo derrubar barreiras e facer que o tan repetido «Forza Breo» tivese o seu berro silencioso en lingua de signos.

Un grupo de membros de ASORLU ensináronnos a facer chegar máis lonxe o noso grito de orgullo celeste, saltaron ao parqué do Pazo e guiáronos nun xesto moito máis que simbólico.

Grazas a todos os amigos da Asociación de Xordos de Lugo (ASORLU) e a todos os asistentes que durante uns segundos axudaron a que o Breo fora máis accesible que nunca.

O #ForzaBreo foi para todos nesta ocasión

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información