
Salva Arco incorpórase á estrutura do Breogán como responsable de área social
Ilusión, valores e compromiso son tres palabras que definen a Salva Arco e son ingredientes que encaixan perfectamente co CB Breogán.
Uns días despois de anunciar a súa retirada das canchas e con moitas batallas libradas coa celeste que deron o club dous ascensos e campionatos LEB, dúas Copa Princesa, unha Copa Galicia, deixando unha pegada humana e deportiva que superan o valor deses trofeos, o capitán dá o salto aos despachos.
Así o anunciou en rolda de prensa acompañado do director xeral, Tito Díaz, que expresou a satisfacción do club por poder seguir contando con Salva Arco nunha estrutura que busca crecer e afianzarse a nivel social.
Salva Arco mostrouse ilusionado co seu novo papel no club e confesouse «preparado, con ganas de aprender e achegar todo o que poida para que este club siga crecendo».
Cinco tempadas como xogador, con galóns de capitán e o respecto de todo o baloncesto, fan de Salva Arco a mellor fichaxe posible para o proxecto social do Breo.

