O Himno galego soará nos partidos do Pazo

Compartir con

O derbi de cuartos de final de play off entre Cafés Candelas Breogán e Leyma Básquet Coruña continuará o vindeiro venres ás 21:00 horas e o domingo ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Lugo. Dende o CB Breogán lamentamos o incidente producido co corte do himno galego que soaba – como fixera no primeiro encontro- no segundo partido, debido, segundo informou a organización, a unha decisión do comisario arbitral.

O Himno galego soará nos partidos do Pazo

Sendo o himno un símbolo para tódolos galegos, e tendo causado malestar en ámbalas dúas afeccións, confirmamos que soará nos prolegómenos dos dous partidos do Pazo.

Dende o CB Breogán desexamos que o derbi continúe a ser un evento deportivo de alto nivel como se demostrou nas  dúas primeiras citas, con dúas afeccións entregadas e gozando de dous equipos altamente competitivos sobre a pista.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información