O internacional congoleño Jonathan Kasibabu incorpórase ao Río Breogán

Compartir con

Trátase dun pivote de 2,04 m e 26 anos que procede do Nantes francés

Formado en NCAA (Farfield Stags), pasou pola G-League con Long Island Nets (7,5 puntos e 6,3 rebotes na 19/20) e Austin Spurs (7,3 puntos, 3,8 rebotes na tempada 20/21), antes de desembarcar en Europa a pasada tempada en Francia (Nantes) onde achegou 7,8 puntos e 5,1 rebotes.

O novo xogador celeste disputou as roldas clasificatorias para o Campionato do Mundo coa selección de República Democrática do Congo.

Kasibabu é un xogador con bo físico, intenso e con gran poder reboteador, capacitado para xogar en todas as posicións interiores.

Benvido!

O internacional congoleño Jonathan Kasibabu incorpórase ao Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información