O internacional finlandés Roope Ahonen chega ao Leite Río Breogán

Compartir con

O internacional finlandés Roope Ahonen chega ao Leite Río Breogán

Trátase dun exterior que pode xogar de base e escolta e con experiencia en LEB tras o seu paso por Ourense e Oviedo

Roope Aleksi Ahonen (Salgo, Finlandia, 12 de xuño de 1990) é un xogador exterior de 1,87 m. que pode ocupar as posicións de base e escolta.

Internacional absoluto con Finlandia, Ahonen formouse no seu país onde destacou en varios equipos, con un paso pola liga sueca antes de dar o salto á potente A1 grega onde militou no Kolossos Rodou (2015–2017).

Na tempada 2017-2018 aterra en España da man do COB e firma 10,1 puntos, 2 rebotes, 2,1 asistencias en 25 minutos, número que mellorou na súa segunda tempada en LEB con Oviedo Baloncesto, promediando 11,8 puntos cun 50,8% en tiros de tres puntos, 2 rebotes e 4 asitencias de media en 24 minutos sobre a cancha, destacando a súa actuación en play off (15,7 puntos e 4,3 asistencias).

Ahonen é un xogador con alta capacidade de anotación, que liderou a clasificación de porcentaxe de acerto de tres puntos na pasada LEB Oro cun 50%, e cun gran talento para xerar xogo para os seus compañeiros, e capacidade de alternar o posto de director co de escolta.
Benvido ao Breo!

TRAXECTORIA
Torpan Pojat – Finlandia (2007–2009)
Salon Vilpas Vikings – Finlandia (2009–2012)

Solna Vikings- Suecia (2012–2013)

Borå s Basket -Suecia (2013–2014)

Bisons Loimaa- Finlandia (2014–2015)

Kolossos Rodou – Grecia (2015–2017)

Club Ourense Baloncesto - LEB Oro(2017-2018)

Oviedo Club Baloncesto - LEB Oro(2018-2019)

O internacional finlandés Roope Ahonen chega ao Leite Río Breogán
O internacional finlandés Roope Ahonen chega ao Leite Río Breogán
O internacional finlandés Roope Ahonen chega ao Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información