O Leite Río Breogán, coa canteira do CB Sarria

Compartir con

O Leite Río Breogán, coa canteira do CB Sarria

Dago Peña, Jaime Capellá e Iago Castro, acompañados da mascota Máximus, pasaron unha tarde cos deportistas sarrianos

Arredor de douscentos nenos e nenas que forman a canteira do CB Sarria, e nenos dos centros escolares da localidade, xuntáronse no polideportivo O Novo Chanto de Sarria para pasar unha tarde compartindo pista con representantes do Leite Río Breogán.

Dago Peña, Máximus e os técnicos do Breo nados en Sarria Jaime Capellá e Iago Castro charlaron cos nenos e nenas, asinaron centros de autógrafos e fixeron fotografías cos asistentes.

Ao acto acudiu o deputado de deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro e os directivos e adestradores do club local que traballa intensamente coa base na comarca.

A actividade enmárcase dentro do programa de patrocinio da Deputacióin de Lugo co Breogán que, a través da área de deportes promociona a difusión do deporte e os seis valores entre os máis novos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información