O Leite Río Breogán, con escolares de Guitiriz

Compartir con

O Leite Río Breogán, con escolares de Guitiriz

Gavrilovic, Salva Arco, Javi Muñoz e a mascota Máximus compartiron unha mañá nas aulas

Por unhas horas os membros do equipo volveron á escola acompañados polo alumnado e mestres do colexio Lagostelle da localidade lucense de Guitiriz.

Na visita houbo tempo para que os pequenos fixeran as súas preguntas para coñecer un pouco máis a vida e o día a día dos deportistas e técnicos profesionais. Algúns atrevéronse co inglés para lanzar as súas dúbidas, e obtiveron fotos e autógrafos dos membros do Breo. Máximus fixo as delicias de todos co seu bo humor.

Os xogadores e o técnico convidaron a todos a visitar o Pazo e animar ao equipo nun dos vindeiros partidos.

Dende o CB Breogán agradecemos aos alumnos, profesorado e dirección do centro o seu recibimento.

Esta actividade enmárcase na iniciativa de promoción dos valores do deporte entre os máis novos impulsada polo club co patrocinio da Deputación de Lugo.

O Leite Río Breogán, con escolares de Guitiriz
O Leite Río Breogán, con escolares de Guitiriz
O Leite Río Breogán, con escolares de Guitiriz
O Leite Río Breogán, con escolares de Guitiriz
O Leite Río Breogán, con escolares de Guitiriz
O Leite Río Breogán, con escolares de Guitiriz

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información